Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Festa da Auga de Vilagarcía despide as mangueiras pola seca

A Festa da Auga de Vilagarcía despide as mangueiras pola seca

Estarán permitidos os caldeiros con auga desde os balcóns

Na edición do 2022 non se poderá ver esta imaxe
G24.gal 09/08/2022 19:11

Os efectos da seca afectan á popular Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa. A consecuencia da falta de auga na comunidade, o Concello viuse obrigado a tomar medidas.

Segundo explicou a concelleira de Cultura e Festas, Sonia Outón, haberá que volver a un formato máis tradicional e "adaptado ás circunstancias".

Por este motivo prohibirase o uso das mangueiras desde a Praza de Galicia e Conde Vallellano, aínda que se mantén a tradición dos cubos de auga que os veciños tiran desde os balcóns dentro da Zona Húmida.

As fontes ornamentais tamén estarán baleiras, pero haberá fontes de botón nas que se poderán encher pistolas de auga, globos ou outros obxectos similares.

Desde a comisión 'Auga que non has de beber' apoian a medida do Concello e remarcan que "a sostibilidade ten que estar en concordancia coa festa". O Goberno municipal asegurou que "as molladuras e a diversión están garantidas", pero piden un uso responsable da auga.

A celebración comezará o martes 16 de agosto ás 12:15, despois de que a imaxe de San Roque se traslade á capela e o pregoeiro lance o primeiro caldeiro de auga aos asistentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade