Publicador de contidos

Publicador de contidos

A fermosa iniciativa do Aeroclub de Santiago para mellorar no golf

A fermosa iniciativa do Aeroclub de Santiago para mellorar no golf

Un torneo por equipos formados por tres rapaces e un profesional

Para os pequenos é unha oportunidade de aprender 

Os profesionais reviven a ilusión daqueles tempos nos que comezaban

G24.gal 20/12/2025 11:10 Última actualización 20/12/2025 12:08

Este sábado asistimos no Aeroclub de Santiago a unha desas iniciativas que gusta contar. Un torneo de golf onde o importante nada ten que ver co gañador, nin cos premios, se non coa convivencia e a aprendizaxe. Un torneo que vai pola segunda edición e que se disputa baixo a modalidade Scramble Stoke Play Scrack, por equipos, no que se vai escollendo, en cada momento, o mellor golpe dos integrantes de cada grupo.

A particularidade do que organizan en Santiago é que cada equipo está formado por tres rapaces (sub-25, amateurs) e un profesional. E que, máis que un torneo, se convirte nunha xornada para aprender. Porque ese é o obxectivo. Que os rapaces compartan campo con xogadores de nivel, que intercambien estratexias, que falen da técnica, pero tamén dos medos e das experiencias. Unha mañá que sirva de inspiración para os que comezan e que, por un intre, traslade aos profesionais a ilusión daqueles tempos nos eles tamén empezaban. O torneo botará o pano cun xantar.  

En palabras dun deses amateurs, Fernando Grelo, é "unha experiencia moi boa". Para o profesional Braulio Pérez é algo bonito que lle lembra " a ilusión que lle facía xogar con xente maior, de nivel". E desde o Aeroclub, o seu director deportivo, Álex Beiras, insiste en que estas iniciativas "estimulan aos pequenos para que sigan practicando".

A diferenza da edición do ano anterior, a meteoroloxía non lles está a acompañar. A chuvia e a néboa están a complicar o normal desenvolvemento do evento.       

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade