Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restablecido o servizo de trens rexionais desde Vigo a Santiago e mantéñense suspendidos a Ourense

Restablecido o servizo de trens rexionais desde Vigo a Santiago e mantéñense suspendidos a Ourense

Os trens con destino a Santiago e Coruña circularán pola vía de alta velocidade "debido ao estado da infraestrutura" dos rexionais, informa Renfe

Renfe estableceu un plan de transporte alternativo para os viaxeiros con orixe ou destino Padrón, Pontecesures, Catoira e Osebe

G24.gal 08/02/2026 11:33 Última actualización 08/02/2026 15:03

Renfe restablecía pasadas as 10:30 deste domingo o servizo de trens rexionais Vigo Guixar a Santiago e a Coruña utilizando a vía de alta velocidade. A información de Renfe aclara que "debido ao estado da infraestrutura" dos ferrocarrís rexionais se estableceu "un plan de transporte alternativo para os viaxeiros con orixe ou destino Padrón, Pontecesures, Catoira e Osebe".

Esta información colgábaa @Inforenfe na súa conta da rede social X ás 10:37 horas.

 

A primeira hora da mañá renfe informaba de que estaba restablecida a circulación dos trens de Media Distancia que circulan entre A Coruña, Santiago e Vigo Urzaiz e que tamén estaba restablecida a circulación para os trens de alta velociade.

Renfe mantén, polo momento, a suspensión de circulación en trens rexionais desde Vigo Guixar e Ourense, mentres activa os demais servizos anulados desde o xoves en Galicia, que mantiveron a parte do territorio incomunicado por esta vía durante preto de 72 horas.

Na noite do sábado, xa informara do reestablecimento neste domingo do servizo de alta velocidade no tramo Santiago de Compostela-Vigo, así como as conexións de Media Distancia Vigo Urzaiz-A Coruña, que se reiniciaron a última hora do día anterior coa saída de varios trens.

No seu comunicado, a operadora indicou que, aínda que Adif valoraba que "era viable circular", a suspensión mantívose tras "contrastar" a información do xestor con outros organismos oficiais que indicaban que "aínda unha alta probabilidade de riscos repentinos que podían comprometer o estado da infraestrutura".

"As previsións das confederacións hidrográficas indicaban unha evolución negativa ata o sábado, así como mantíñase o nivel de prealerta do Plan Inungal. A situación de colmatación dos terreos facía a Renfe ser prudente ao obxecto de garantir a seguridade dos viaxeiros e traballadores", remarcou.

Estas mesmas condicións climatolóxicas adversas e o risco de inundación foron as razóns que deron para xustificar a imposibilidade de establecer antes un plan de transporte alternativo por estrada que garantise "as condicións necesarias de seguridade e operatividade".

Nos pasados días, Adif insistiu en que a suspensión foi "a pedimento da operadora":

"Nós non tiñamos ningún punto danado".

Con todo, durante o venres si rexistraron dúas incidencias que afectaron a trens de mercadorías, segundo explicaron as fontes da empresa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade