Publicador de contidos

Publicador de contidos

O golfista coruñés Ignacio Mateo, logra en Portugal o seu primeiro triunfo como profesional

O golfista coruñés Ignacio Mateo, logra en Portugal o seu primeiro triunfo como profesional

Proclamouse campión da Taça Joaquim Oliveira do circuíto portugués de PGA

Foi o primeiro xogador que gaña este torneo sen nacer no país veciño

G24.gal 07/04/2026 12:46 Última actualización 07/04/2026 12:55

O golfista nado no ano 2001 conseguiu levantar o seu primeiro título profesional tras proclamarse campión da Taça Joaquim Oliveira do circuíto portugués de PGA (Professional Golf Association).

“Volvín á casa o sábado pola noite e xa vin todos os meus adestradores e a miña familia. Foi un pouco tolo o volver e celebralo coa xente próxima, pero estou moi contento”, afirma.

Ignacio chegou á Taça Joaquim Oliveira co obxectivo de valorar o seu nivel tras unha longa pretemporada de varios meses. Coa mente máis posta en torneos posteriores, desprazouse ata o país veciño, onde competiu contra xogadores locais, así como españois e ingleses.

De feito, o coruñés foi o primeiro xogador que gaña este torneo sen nacer no país luso. Ignacio Mateo xa ten a mirada posta no Sunshine Tour surafricano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade