A feira de cultivos do Baixo Miño reúne en Tomiño firmas do sector e amantes da horta
A mostra, que chega á súa vixésima edición, celébrase en Goián entre o 23 e o 25 de maio
Desde fai 20 anos, a Feira dos Cultivos do Baixo Miño é un referente da agricultura sostible. Serve de punto de encontro entre empresas do sector e as persoas interesadas na xardinería e na horticultura.
"Vivimos no rural, gústanos moito a natureza, o campo, temos horta na casa, es estes eventos gústannos moito".
"Levamos artemisa, curry e unha leituga que nos tocou alí de regalo".
A Feira non é só un lugar para mercar senón tamén para aprender, grazas aos distintos obradoiros que organizan. Por exemplo, sobre o control ecolóxico das pragas.
"A verdade é que temos uns obradoiros súper amplos, por exemplo de kokedamas, de bonsais, de iniciación aos enxertos, sobre o meu primeiro libro botánico, para nenos".
A feira, organizada polo concello de Tomiño e pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño, vai continuar ao longo da fin de semana en Goián.