Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Feira do Libro da Coruña reúne preto de corenta librerías e editoriais e un centenar de autores

A Feira do Libro da Coruña reúne preto de corenta librerías e editoriais e un centenar de autores

Estará nos Xardíns de Méndez Núñez ata o 10 de agosto

G24.gal 04/08/2024 21:04

Os primeiros días de agosto a literatura ocupa os Xardíns de Méndez Núñez da Coruña. A Feira do Libro é unha das citas imperdibles das Festas de María Pita, unha oportunidade para achegarse ás últimas novidades editoriais e para encontrarse cos autores.

Un centenar de escritores visitarán a feira para asinar exemplares das súas obras. Nunha das casetas, atopamos o noiés Fon, que acompaña con debuxos as dedicatorias dos seus Gazafellos.

"Os cómics que eu fago son para rapaces e eu sempre digo que non hai público tan agradecido como os nenos as nenas. Sempre se quedan abraiados e moi contentos de que lles fagas calquera cousiña".

En outubro chegará ás librerías Detective Ferruchi, a novela coa gañou o último Premio Xerais, Marta Villar, que este domingo asinou o seu libro infantil na Coruña.

"Os peidos máxicos de Sultán é a historia real do meu can, que bota uns peidos terribles e dicía eu que merecía dedicarlle un libro. Está dedicado ao meu can".

Durante dez días prográmanse charlas, talleres, presentacións, recitais e espectáculos para os cativos. Este ano participan preto de corenta librerías, entre elas unha moi nova, que abriu hai menos dun ano no barrio da Agra do Orzán.

"Tiñamos ganas de facer esta feira porque é a gran feira de Galicia e tamén é un momento para que toda a xente do barrio se achegue aquí e teñamos un encontro cos clientes que xa son habituais da librería", conta Juan Rodríguez, libreiro de Galgo Azul.

A Feira do Libro da Coruña anima os lectores a atopar a súa historia. Ata o 10 de agosto hai centos nas que mergullarse nos Xardíns de Méndez Núñez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade