Publicador de contidos
Publicador de contidos

A familia dos falecidos no accidente de Salceda decepcionada ante a solicitude que fai a Fiscalía para o acusado

A familia dos falecidos no accidente de Salceda decepcionada ante a solicitude que fai a Fiscalía para o acusado

G24.gal 16/03/2022 14:45

É unha semana difícil para a familia da muller que xunto aos seus dous fillos perdeu a vida nun accidente en Salceda . O sábado cumprirase un ano do tráxico sinistro. Á tristeza da data súmase a súa decepción ante a solicitude que a Fiscalía fai para o acusado de provocar o sinistro.  

A familia di que o informe policial é contundente e non comprenden a solicitude que fai a fiscalía para o veciño do Porriño, de 33 anos, ao que atribúen tres delitos de homicidio por imprudencia grave e condución baixo a influencia do alcol.

Nada reparará a perda dunha familia que o próximo sábado en Nigrán lembrará os falecidos, pero tamén reclamará xustiza na súa memoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade