Publicador de contidos

Publicador de contidos

A falta de remuda xeracional aboca a frota do cerco ao cesamento da súa actividade

A falta de remuda xeracional aboca a frota do cerco ao cesamento da súa actividade

O principal motivo son os constantes recortes das cotas, ao que agora se suma o encarecemento do combustible

O Goberno galego alerta do aumento das peticións de despezamento de barcos

G24.gal 18/05/2022 14:27 Última actualización 18/05/2022 14:49

Os armadores teñen problemas para completar as tripulacións. Levan tempo advertindo da situación, traballar no mar xa non é rendible para a frota do cerco.

A situación agravouse durante os últimos tres anos polos continuos recortes nas cotas de pesca e agora co encarecemento do combustible. Traballar xa non compensa, e moitos barcos propóñense abandonar. 

A frota demanda apoio financeiro para os que queiran abandonar a actividade. O Fondo Europeo Marítimo da Pesca abre a posibilidade de subvencionar o abandono, pero o Goberno español aínda non contestou a proposta.  

A frota do cerco pesca cada ano 150 millóns de quilos de peixe que se distribúen por toda España. A falta de relevo xeracional ameaza a súa continuidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade