Cargando resultados...
A falta de materiais demora a reapertura ferroviaria entre Lugo e Monforte
ADIF prevía retomar o servizo o 10 de maio

G24.gal
31/03/2022 18:20
Os trens seguirán sen circular entre Lugo e Monforte ata mediados de xuño.
Estaba previsto reabrir esa liña ferroviaria o 10 de maio, tras as obras de mellora que se están a realizar nos 75 quilómetros dese treito, pero o Adif anuncia un atraso nesa reapertura.
A empresa pública ferroviaria alega que hai falta de subministracións. Escasean sobre todo o formigón e o aceiro, debido -din- ao paro do transporte e ao encarecemento dos materiais.