Publicador de contidos

Publicador de contidos

A falta de espazo na estrada que conecta San Marcos coa autovía causa descontento entre condutores e residentes

A falta de espazo na estrada que conecta San Marcos coa autovía causa descontento entre condutores e residentes

Os problemas para os residentes deste tramo da vía abarcan dende o frecuente tránsito de camións ata as dificultades para manobrar, ou a falta de visibilidade e a ausencia de beirarrúas, que supón un risco, especialmente cando moitos dos vehículos que pasan polo tramo fano superando os 30 quilómetros por hora que marca a sinalización

Imaxe do acceso perigoso de San Marcos
G24.gal 13/01/2026 10:39

Os camións que circulan pola Rúa de San Marcos de Santiago vense obrigados a trazar a saída cara a AP-9 ou a A-54 aos poucos e invadindo o carril contrario debido ao estreita que é a pista, que ademais permite a circulación en ambos os sentidos. Esta circunstancia fai que tamén sexan frecuentes os atrancos cando un vehículo de alta tonelaxe se atopa con outro automóbil no medio da estrada.

"Hai algúns días nos que o tránsito é totalmente continuo, xa non só cando coincide un camión cos coches, hai veces nas que coinciden dous camións. Entón, teñen que facer manobras de diante cara atrás... hai veces que teño que saír da casa e teño que agardar cinco minutos" comenta un dos residentes do lugar.

Con todo, as dificultades para os residentes deste tramo da vía non só se limitan ao frecuente tránsito de camións nin as dificultades para manobrar. Sinalan tamén que a falta de visibilidade e a ausencia de beirarrúas supoñen un risco, especialmente cando moitos dos vehículos que pasan polo tramo o fan superando os 30 quilómetros por hora que marca a sinalización: "Xa ves que a 30 non pasa ningún, pasan lanzados. Ás horas puntas é terrible, non temos visibilidade para saír das casas para ver se ven alguén. Desde que fixeron o acceso á autoestrada dende aquí, isto mete medo" protesta unha veciña.

Ante o actual estado da vía non existe unha solución consensuada para atallar os diversos problemas que afectan ao tramo, os veciños propoñen "ou facer outro acceso, e deixarnos a nos tranquilos, ou se non, que ensanchen iso e que nos poñan algunha beirarrúa para poder saír das casas".

"Ao final isto vano ter que poñer dunha única dirección", di un condutor.

Con todo, a alternativa mais popular sería a de recuperar as restricións de circulación por tonelaxe do vehículo que anteriormente presentaba a vía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade