Publicador de contidos

Publicador de contidos

A expulsión de Xavi Torres decanta o partido a prol do Zaragoza

A expulsión de Xavi Torres decanta o partido a prol do Zaragoza

O Lugo dominou a primeira metade pero a inferioridade numérica marcou o segundo tempo

Estrea de Antonetti co primeiro equipo cun remate ao traveseiro

G24.gal 20/05/2022 22:38

A traxectoria dos dous equipos faría apostar por un empate (20 igualadas tanto Zaragoza como Lugo) pero o partido que se xogou na Romareda acabou con vitoria dos locais grazas a un solitario gol de Valentín Vada. A expulsión de Xavi Torres no 58 marcou un partido que ata ese intre tiña controlado o equipo galego. 

O primeiro tempo foi do Lugo. Ata cinco achegamentos de perigo para os de Rubén Albés que non tiveron sorte diante de Cristian Álvarez. Sebas Moyano, Iriome, Clavería ou Chris Ramos estiveron a piques de marcar. Pola contra, o Zaragoza só inquedou nun lanzamento de Sabin Merino xusto antes de chegar ao descanso. 

O partido xogábase a un ritmo moi calmo por culpa do calor (máis de 30 graos) e o Zaragoza tentou subir unha marcha no segundo tempo. Conseguiuno, sobre todo trala expulsión de Xavi Torres. No minuto 74 dous xogadores que entraron de refresco argallaron a xogada do gol. Iván Azón puxo o centro e Valentín Vada rematou á rede. 

Albés xogou o todo polo todo coa entrada do xuvenil Antonetti, que estivo moi preto de anotar o gol do empate cun remate ao traveseiro. Xusto despois Cuéllar tivo o empate nas súas botas pero non era o día en ataque do Lugo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade