Cargando resultados...
Piden autorización para o primeiro proxecto eólico en Galicia coa nova lei de recursos naturais
Piden autorización para o primeiro proxecto eólico en Galicia coa nova lei de recursos naturais
Comprométese a ceder o 2,5 % das ganancias aos concellos galegos que ocupe
G24.gal
09/01/2025 14:02
Galicia atrae o primeiro proxecto eólico coa nova lei de recursos naturais da Xunta, que obriga a detallar os beneficios económicos e sociais que deixará no territorio.
Trátase do parque de Satrebares, que a empresa Maracaibo Solar quere situar en cinco concellos da Coruña e un de Lugo. Comprométese a ceder a estes seis municipios galegos o 2,5 % das súas ganancias.
O orzamento total do proxecto é de 175 millóns de euros, e di que destinará o 35 % a compras en empresas da comunidade.
A solicitude de autorización administrativa previa e o estudo de impacto ambiental están a exposición pública na Delegación do Goberno en Galicia.