Publicador de contidos

Publicador de contidos

A estadounidense XPO abre un novo centro de distribución en Galicia

A estadounidense XPO abre un novo centro de distribución en Galicia

O sector da loxística sae reforzado tras a pandemia

O eido das entregas a domicilio medrou un 40 % en cinco anos

G24.gal 30/05/2022 14:02

Mil douscentos metros cúbicos de carga entran e saen cada día da nave da multinacional XPO en Culleredo. Se alguén pensa nas principais marcas de roupa, de viños ou de conservas de Galicia, probablemente os seus produtos pasan polo novo almacén loxístico do polígono de Ledoño. 

Dentro hai 5.000 metros cadrados de almacén e 39 peiraos para mover, desde A Coruña, mercadorías de todo tipo e a todas as partes.

"Nós recollemos mercadorías en grandes multinacionais galegas e internacionais de fóra de Galicia e levamos a mercadoría ao domicilio", explica Diego Dopico, director xeral da zona Noroeste e Portugal.

Refírese ao domicilio empresarial das empresas de destino e tamén a domicilios particulares. Todo o que entra nun fogar de grandes dimensións (electrodomésticos, colchóns, mobles) é a súa especialidade. Teñen un servizo básico de entrega e outro máis completo con montaxe e instalación.

Este eido da entrega a particulares, que denominan Last Mail, repuntou en plena pandemia cando non podiamos saír dos nosos fogares e proliferaron as compras por Internet.

"A pandemia fixo que o consumidor perderse o medo nun produto en plataformas dixitais, un servizo, o de 'last mail', en que estamos a medrar dobre díxito todos os anos", celebra.

A empresa factura en Galicia 30 millóns de euros con apenas 150 postos de traballo, entre directos, que se encargan da administración e seguimento de envíos e de operar no almacén, e indirectos, que son os traballadores da frota de camións de distribución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade