Publicador de contidos

Publicador de contidos

A estación da Coruña deixa de recibir trens durante unha semana polas obras

A estación da Coruña deixa de recibir trens durante unha semana polas obras

Renfe estableceu un servizo alternativo de autobuses para realizar os traxectos que unen A Coruña con Santiago e Betanzos

G24.gal 05/11/2026 09:28

Desde este xoves e ata o xoves da próxima semana, 12 de novembro, os trens que chegan e saen da estación da Coruña vanse substituír por autobuses.

As obras na estación que realiza o Adif son "incompatibles coa circulación ferroviaria", segundo anunciaba Renfe, polo que se tiña que suspender durante estes oito días a circulación de trens. 

Co fin de "garantir a mobilidade dos viaxantes durante este período", Renfe avanzou que habilitaría un plan alternativo de transporte, e que xa está funcionando, dispoñendo autobuses para transportar os pasaxeiros entre a estación coruñesa e Santiago e Betanzos, en ambos sentidos, para subsitituír os trens "rexionais, media distancia, Avant e alta velocidade" das conexións con Vigo, Ourense e Madrid-Chamartín, e da conexións con Lugo-Monforte-Ourense e Ferrol.

Estas conexións supoñen un incremento dos tempos de viaxe e cambios nos horarios de saída e chegada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade