Publicador de contidos

Publicador de contidos

A escaseza de xovencas e vacas de leite fai que se duplique o seu prezo

A escaseza de xovencas e vacas de leite fai que se duplique o seu prezo

As altas cotizacións da carne e o peche de granxas son as principais causas

Tamén inflúe a competencia entre as explotacións para aproveitar o bo prezo do leite

G24.gal 03/11/2022 20:32 Última actualización 03/11/2022 21:19

O mercado de vacas para produción de leite está parado. Especialmente o de xovencas. O peche de explotacións, a vaga de calor do verán e a alta demanda de carne levaron para o matadoiro numerosos exemplares.

En Andalucía chegaron a desfacerse de 700 animais á semana porque coa calor non producían o suficiente. As poucas vacas dispoñibles custan agora o dobre que hai un ano. A mellor opción pasa pola recría.

Buscar exemplares no mercado europeo tamén é inútil. Os principais países produtores sofren a mesma escaseza que hai en Galicia e os prezos están polas nubes.

A presión dos matadoiros tamén se nota, xa que se está a pagar por vacas de descarte ata 2.000 euros cando hai un ano non chegaban a 1.000. Ademais, os gandeiros tentan ampliar a cabana para aproveitar os bos prezos que ten agora o leite.

A única solución é agardar a que comecen a producir leite as vacas que naceron nos últimos meses, pero para iso aínda faltan case dous anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade