A escaseza de microchips frea a fabricación e venda de vehículos
España deixou de fabricar 130.000 vehículos no que vai de ano
A escaseza pode durar ata o verán de 2022
Unha recuperación inesperada da demanda é a causa da falta de microchips. A China e Corea do Sur pararon a fabricación coa chegada da pandemia e agora non hai nin stock nin capacidade para aumentar a oferta.
A isto hai que engadirlle un problema estrutural de loxística nos portos internacionais de referencia. Por iso non se están a fabricar coches ao ritmo que demanda o mercado e a situación vaise prolongar, como mínimo, ata o verán.
Nos concesionarios trabállase cun prazo medio de entrega de ata seis meses para vehículos novos. As fábricas non poden abastecer os talleres tamén en parte porque as vendas subiron ata outubro nun 5,5 %, rompendo todas as previsións.
E os vehículos de ocasión e de segunda man non teñen o suficiente tirón entre os que buscan mercar un automóbil.
No que vai de ano, deixáronse de fabricar en España máis de 130.000 vehículos pola falta de semicondutores.