Publicador de contidos

Publicador de contidos

A escaseza de carne de cordeiro dispara os prezos para produtores e consumidores

A escaseza de carne de cordeiro dispara os prezos para produtores e consumidores

Os exemplares de máis calidade xa se pagan por riba dos 20 euros o quilo

Galicia produce só o 48 % dos exemplares que se consomen no país

G24.gal 15/12/2022 19:22 Última actualización 15/12/2022 20:36

Cada galego consome de media ao ano menos dun quilo de carne de cordeiro. E en Galicia só se produce o 48 % desa carne. O resto vén de Castela. As festas do Nadal son, xunto co verán, os momentos de maior consumo pero este ano non hai exemplares suficientes e os tratantes de gando rastrexan o país na procura duns animais polos que pagan moito máis que hai un ano.

A escaseza de anos reflíctese no prezo. Os exemplares de menos de cinco quilos, os máis valorados, están por riba dos 20 euros o quilo. E o resto é moi raro que baixe dos 14 euros. As carnicerías que traballan con provedores fixos non están a ter aínda desabastecemento, pero nas grandes superficies xa se nota a falta. Tamén inflúe que os partos se concentran na primavera e que o censo de ovellas se reduce cada ano.

Os gandeiros cren que Galicia está nunha situación inmellorable para asumir a produción de carne e leite de ovella que se está a perder en Castela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade