Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xunta e oposición coinciden en crear "unha fronte común" en defensa da pesca de fondo

Xunta e oposición coinciden en crear "unha fronte común" en defensa da pesca de fondo

Quintana carga contra o "novo despotismo ilustrado" de Bruxelas pola súa política das limitacións á pesca de fondo: "Todo para os pescadores sen os pescadores"

"Comisario Sinkevicius, do mar vívese", dixo a conselleira do Mar

G24.gal 21/03/2023 08:24 Última actualización 21/03/2023 20:19

A Xunta de Galicia e os grupos parlamentarios con representación na Cámara galega (PPdeG, BNG e PSdeG) cargaron contra os novos "ataques" de Bruxelas á frota pesqueira, que, de saír adiante, suporían novas restricións e até "un golpe de graza" para o desenvolvemento desta actividade. Fronte a estes plans, houbo unanimidade ao sinalar a necesidade de facer unha "fronte común" para tentar frealos.  

A proposta de "alianza" e de procura de "aliados", tamén entre outras rexións e países afectados polas intencións da Comisión Europea para a actividade da pesca de fondo con novas restricións para o horizonte 2030, foi lanzada pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, nunha comparecencia a petición propia no pleno do Parlamento autonómico.  

 

"Estamos ante unha sorte de novo despotismo ilustrado. Todo para os pescadores, pero sen os pescadores", criticou Quintana nunha comparecencia a petición propia no pleno do Parlamento autonómico no que cargou contra o "fundamentalismo" de Bruxelas e contra a súa "deriva medioambientalista", que se esquece, segundo recalcou, dos elementos sociais e económicos da política pesqueira común.  

Un día despois do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, a titular de Mar do Executivo galego advertiu o responsable comunitario desde a Cámara: "Comisario Sinkevicius, do mar vívese", subliñou.

Por iso, e ante a proposta normativa de Europa, "incoherente, incompleta, ineficaz, inxusta, inconexa" e "feita sen autocrítica", a conselleira remarcou a vontade de "tratar de frear a posta en marcha" destas estratexias.

Así, anunciou que a Xunta "involucrará os deputados que defendan o sector" e recollerá a postura de defensa do sector nun manifesto, como xa fixo fronte ao veto do arrastre en 87 zonas.

No debate, por unha banda, a deputada do PSdeG Patricia Otero subliñou desde a súa primeira intervención que o seu grupo vai estar "a carón" da Xunta nesta fronte común, mentres que a portavoz do BNG, Rosana Pérez, esperou á súa segunda quenda para precisar que os nacionalistas non van apoiar "a cegas" á consellería, aínda que a súa postura "é clara" e de apoio "con todo" ao sector pesqueiro galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade