Cargando resultados...
A empresa galega que fai parques infantís para máis de 50 países
Dende Cerceda, os proxectos de Galopín acaban presentes nos cinco continentes
G24.gal
11/10/2025 15:30
Última actualización 10/10/2025 21:00
Adoitamos ver parques infantís no noso día a día, pero poucas veces se pode ver como se deseñan e fabrican.
Unha empresa de Cerceda con proxectos en máis de 50 países ábrenos as súas portas para nos amosar como traballan, que teñen en conta á hora de deseñar un parque.
Calcular a velocidade dun tobogán é só un dos factores. Preguntamos en Galopín que máis.