Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT vai complicar a renovación do carné aos conductores maiores de 65

A DXT vai complicar a renovación do carné aos conductores maiores de 65

Acurtaranse os prazos de renovación e as probas psicotécnicas serán máis exhaustivas

G24.gal 06/10/2022 14:37

A Dirección Xeral de Tráfico porá máis difícil a renovación do carné de conducir aos condutores maiores de 65 anos. Acurtaranse os prazos de renovación e as probas psicotécnicas serán máis exhaustivas. O obxectivo é mellorar a seguridade viaria e protexer a vida dos propios condutores e doutros que se poidan ver implicados nun hipotético accidente derivado da perda de facultades ao volante.

En España, os maiores de 65 anos representan o 15 por cento dos condutores e case o 28 por cento das vítimas mortais en accidentes de tráfico. A perda de facultades visuais, auditivas e de rapidez de reacción asociadas á idade están detrás de moitos accidentes con graves consecuencias para os condutores e para outras persoas. 

A DXT prepara a introdución de cambios que complicarán a renovación do carné para os maiores de 65.  A idea é acurtar o prazo de renovación, actualmente cada cinco anos. Tamén un psicotécnico máis exhaustivo á hora de avaliar parámetros como agudeza visual e reflexos.

Os expertos recomendan cursos de reciclaxe. Joaquín Gregori, monitor de autoescola, di que sería conveniente que tivesen unha información completa das novas normas de tráfico e como hai que conducir, por exemplo, nunha rotonda. A DXT quere implantar os cambios antes do 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos