Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT prevé 798.000 desprazamentos en Galicia na ponte de Semana Santa

A DXT prevé 798.000 desprazamentos en Galicia na ponte de Semana Santa

Na primeira fase da Operación Saída desta semana Santa, once persoas faleceron na estrada

Este ano o operativo conta con 7.000 efectivos e máis de 8.500 recursos técnicos por toda a peninsula 

DXT DXT
G24.gal 01/04/2026 08:13

A segunda fase da Operación Saída de Semana Santa arrinca este mércores, 1 de abril, cunha previsión de 9,9 millóns de desprazamentos de longo percorrido por estrada, un 2% máis que no mesmo período do ano pasado.

Do total de vehículos que se desprazarán, o 13% moveranse polas estradas xestionadas desde este Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste Cantábrico (1.286.000 vehículos).

En concreto, en Galicia prevense 798.000 desprazamentos de vehículos: 270.000 na Coruña (o 21%), 129.000 en Lugo (o 10%), 129.000 vehículos en Ourense (10%), e 270.000 vehículos en Pontevedra (o 21%). Este operativo, comprendido entre as 15.00 horas deste mércores ás 00.00 horas do luns 6 de abril, concentra o maior volume de tráfico polas saídas simultáneas desde grandes núcleos urbanos cara a zonas turísticas e segundas residencias, así como importantes movementos de regreso durante a fin de semana pola operación retorno.

Aos desprazamentos máis longos hai que sumar os que se fan a poboacións próximas para ver actos relixiosos ou desfrutar de días de praias ou practicar deportes de inverno.

Este tipo de desprazamentos presentan un maior risco ao concentrarse en estradas secundarias, onde é máis frecuente a presenza de usuarios vulnerables -peóns, ciclistas e motoristas- e por iso incrementarase a vixilancia sobre velocidade, consumo de alcol e drogas e uso do móbil nestas estradas. Na primeira fase da Operación Saída desta semana Santa, once persoas faleceron na estrada.

Para facilitar a mobilidade, preparouse un amplo dispositivo en toda España  que inclúe medidas de regulación, ordenación e vixilancia do tráfico, así como a habilitación de carrís adicionais, paralización de obras, restricións a vehículos pesados e deseño de itinerarios alternativos para evitar as zonas máis conxestionadas. Nesta operación, a DXT deseñou uns mapas que recollen previsión de movementos que permiten anticipar os principais fluxos cara aos puntos de destino máis habituais.

Ante este escenario de mobilidade, a DXT recomenda aos usuarios consultar estes itinerarios antes de iniciar a viaxe e planificar a mobilidade tendo en conta tanto os roteiros como as horas de maior afluencia, co obxectivo de minimizar incidencias e mellorar a seguridade viaria.

Para levar a cabo estas e outras medias, este ano o operativo conta con 7.000 efectivos e máis de 8.500 recursos técnicos, que inclúen 5.700 axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil; 657 operadores nos oito centros de xestión de tráfico; 9 helicópteros e 39 drons; persoal encargado do mantemento de equipos e instalación de medidas, tales como cámaras de TV, equipos de tempo de percorrido, estacións meteorolóxicas, lectores de matrículas, paneis e sinais luminosas, balizamentos mediante sinais e conos, valos de contención, globos luminosos ou carros de sinalización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade