Publicador de contidos

Publicador de contidos

O detido polo acoitelamento no barrio das Flores nega ser o autor dos feitos

O detido polo acoitelamento no barrio das Flores nega ser o autor dos feitos

Está investigado por un homicidio en grao de tentativa e un roubo con violencia

O sospeitoso pasou hoxe a disposicion xudicial

G24.gal 26/05/2022 14:37 Última actualización 26/05/2022 14:49

Esta mañá pasou a disposición xudicial na Coruña o único detido ata o momento polo acoitelamento no barrio das Flores hai tres días. 

Está acusado dun delito de homicidio en grao de tentativa e outro de roubo en violencia. Seguindo o consello do seu avogado, non declarou nin en dependencias policiais nin no xulgado.

Lembren que hai un segundo sospeitoso que aínda non foi detido, e que a vítima, en cuxa vivenda presuntamente se traficaba con drogas a pequena escala, se recupera no hospital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar