Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex Órtiz ascende desde o filial para buscar a salvación do Lugo

Álex Órtiz ascende desde o filial para buscar a salvación do Lugo

O adestrador andaluz regresara en febreiro ao club procedente do Vilarreal Cadete

Nos quince partidos que ocupou o banco Toni Seligrat, o Lugo cultivou 6 vitorias, 1 empate e 8 derrotas

Foto Lugo
G24.gal 05/05/2025 14:51 Última actualización 05/05/2025 20:05

O andaluz Álex Ortiz será o adestrador do Club Deportivo Lugo nas últimas tres xornadas do campionato. Ortiz, que regresou en febreiro ao Polvorín procedente do Vilarreal Cadete, é un adestrador dunha traxectoria moi recoñecida no Anxo Carro. O seu anterior periplo (2020-2022) no Polvorín resultou moi exitoso e levara o filial ao ascenso á 2ª RFEF, categoría na que non quere caer agora o primeiro equipo do Lugo. 

De feito foi unha das opcións que barallou Tino Saqués no seu momento para substituír a Rubén Albés pero finalmente decidiuse por outras alternativas. Aparte do Vilarreal, Ortiz traballou nestes últimos anos no Vélez de Málaga e no Rincón.  

A etapa de Toni Seligrat rematou do peor xeito. Foi cesado este domingo unhas horas despois da estrepitosa derrota por 0-4 en casa fronte ao Barcelona Atlètic, que deixa ao equipo ao bordo do abismo do descenso a Segunda Federación.

"Desde esta institución quere agradecerse, tanto a el como ao seu corpo técnico, o seu traballo, dedicación e profesionalismo durante a súa etapa no club e desexámoslle o maior dos éxitos nos seus futuros proxectos, tanto persoais como profesionais", sinala a entidade nun comunicado.

Algo máis de tres meses permaneceu Toni Seligrat levando as rendas do conxunto albivermello, ao que chegou como substitución para Lolo Escobar a finais de xaneiro procedente do organigrama técnico do Valencia e cunha dilatada experiencia na antiga Segunda División B en clubs como o Nàstic de Tarragona, o Alcoyano e o Sabadell, entre outros. Nos quince partidos que ocupou o banco, o Lugo cultivou 6 vitorias, 1 empate e 8 derrotas, unha bagaxe insuficiente para fuxir da ameaza do descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade