Publicador de contidos

Publicador de contidos

A desconexión da telefonía fixa por cobre provoca a indignación dos veciños do Courel

A desconexión da telefonía fixa por cobre provoca a indignación dos veciños do Courel

Será substituída, a onde cheguen, por fibra óptica ou ondas de radio

G24.gal 23/11/2021 14:06

A desconexión da telefonía fixa de cobre prevista pola empresa que dá o servizo está a xerar unha vaga de indignación no Courel. Polo de agora, só existe rede de fibra óptica en Folgoso e en Seoane, mentres que o resto do concello terá acceso ao teléfono fixo a través das ondas de radio.

Os veciños alertan, polo tanto, de que moitos lugares van quedar incomunicados. Os máis afectados por esta medida son os negocios establecidos nos vales máis illados. Neste sentido, a veciñanza sinala que se fomenta a despoboación e o abandono do rural. 

O Courel é a primeira zona rural onde se desconecta a rede telefónica de cobre, pero podería non ser a última.

A compañía Movistar ofrecíalles dúas alternativas para continuar dándolles o servizo de Internet e teléfono: a fibra óptica e, sobre todo para aqueles que non poidan acceder a ela, a cobertura por radio. A empresa asegura que as ondas de radio melloran o servizo da vella liña de cobre, polo que os veciños, din, non teñen ningún motivo para temer quedar incomunicados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade