A demora do xuízo deixa en liberdade un empresario ourensán acusado de narcotráfico
O empresario estaba no cárcere de Teixeiro en relación a un alixo de 400 quilos de cocaína de grande pureza oculto en caixas de bananas

A Audiencia provincial de Pontevedra vén de liberar do cárcere un empresario ourensán acusado de nárcotráfico porque o xuízo aínda se vai demorar, e en xaneiro cumpriría tres anos en prisión preventiva.
O empresario estaba no cárcere de Teixeiro en relación a un alixo de 400 quilos de cocaína de grande pureza oculto en caixas de bananas e que tiña como destino final a empresa Froitas Mavaz, no Polígono de San Cibrao das Viñas.
O desembarco producírase no porto luso de Leixoes. Está acusado de dar cobertura loxística a unha organización criminal para traer cocaína desde Ecuador a través da importación de froita.
Na operación detiveron nove persoas acusadas de delitos contra a saúde pública, agravado pola simulación de operacións de comercio internacional entre empresas. A Fiscalía pide 13 anos e medio de cárecere para cada un dos detidos.