Publicador de contidos

Publicador de contidos

Agosto camiña cara á súa fin: "Vese moita xente e ganas de aproveitar o que non se puido"

Agosto camiña cara á súa fin: "Vese moita xente e ganas de aproveitar o que non se puido"

Unha nova alerta por calor acompaña estes días cos que se empeza a ver no horizonte o final do verán

Esta tarde e mañá poderían superarse os 36 na provincia de Ourense e os 34, na de Pontevedra

Temperaturas por riba dos trinta graos esta tarde e mañá no sur de Galicia
G24.gal 22/08/2022 14:06

Agosto avanza camiño da última semana o que para uns implica optimismo porque as súas vacacións están máis próximas, mentres que para moitos supón aproveitar ao máximo, porque se aproxima o retorno á rutina cotiá.

O mes de vacacións por excelencia vai acabando pero a este verán, astronomicamente falando, quédalle por diante un terzo da vida. Para o negocio turístico en Galicia o balance xeral é xa moi positivo.

Así o vían esta mañá en Baiona, unha das vilas de maior afluencia de visitantes a falar mesmo de afluencia excesiva de visitantes.

Son días de goce intenso cando o calendario evidencia que a volta ao espazo e ocupación habituais está preto. Unha turista murciana mesmo se laiaba de que terá que volver ás temperaturas moi altas.

E calor non vai faltar tampouco en Galicia, especialmente no sur.  En concreto, na conca do Miño hai aviso amarelo por condicións térmicas extraordinarias.

Para hoxe e mañá pola tarde prevén temperaturas por riba dos trinta graos, superando os 36 na provincia de Ourense e os 34 graos na de Pontevedra.  Dúas tardes calorosas que mañá vivirán tamén na comarca de Valdeorras, con valores ao redor dos 36 graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade