Cargando resultados...
Oficial: Adiado o Gran Canaria-Monbus Obradoiro
O seu rival ten 5 positivos no seu equipo
G24.gal
07/01/2022 12:48
Diciamos onte que hoxe estariamos pendentes dos resultados das PCR que lles fixeron aos xogadores do Monbus Obradoiro.
Pois ben, hai só dous xogadores que seguen a dar positivo. O problema é que hoxe o Gran Canaria, o rival deste sábado, comunicou 5 positivos no seu cadro de xogadores.
Así que a ACB adiou tamén este partido. O conxunto santiagués ten aínda pendentes os choques co Manresa e co Breogán, aprazados por covid.
El @GranCanariaCB - Monbus @OBRADOIROCAB, programado para el sábado 8 de enero (20:45h), queda aplazado por la no autorización de la disputa por parte del Servicio Canario de la Salud, ante los casos de COVID-19 que afectan a la plantilla canaria.
— Liga Endesa (@ACBCOM) January 7, 2022
Acb comunicará la nueva fecha.