Publicador de contidos

Publicador de contidos

A folga na recollida do lixo da Coruña deixa colectores cheos e rúas sucias

A folga na recollida do lixo da Coruña deixa colectores cheos e rúas sucias

Camións da recollida de lixo apareceron coas rodas picadas e cristais rotos

Varios colectores apareceron queimados

G24.gal 24/02/2022 14:40

Unha sabotaxe a 23 camións de recollida de lixo deixa, por segunda xornada consecutiva, A Coruña cos colectores cheos e o lixo esparexido por varias beirarrúas da cidade. 

Pero é que amais, durante a noite, varios colectores apareceron queimados. Todos estes ataques que coinciden coas negociacións salariais que se están a levar a cabo entre a empresa e os traballadores deixan pegada nun servizo que os cidadáns cualifican como esencial.

Agora, a Policía Nacional, en colaboración coa Local, encárganse da investigación para tratar de esclarecer autoría destes actos vandálicos.

Pola súa banda, a empresa, a través dun comunicado, di que descoñece a orixe dos ataques e que se compromete a restablecer a normalidade no servizo o antes posible.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade