Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xira de Messi pola India comeza con incidentes

A xira de Messi pola India comeza con incidentes

Os seareiros pagaron 114 euros por velo en Calcula

O arxentino estivo 20 minutos de paseo polo campo

Axencia EFE
G24.gal 13/12/2025 12:54 Última actualización 13/12/2025 13:26

A xira india de Messi empezou con problemas. Centenares de afeccionados en Calcuta esnaquizaron o campo e a paciencia dos organizadores durante a breve aparición do crack do Inter Miami e campión do mundo.

Os sucesos aconteceron no coloso de Salt Lake. Messi saiu, saudou e deu un pequeno paseo polo céspede. E marchou. Todo en vinte minutos, segundo apuntan os medios locais. Ao seu carón había unha marea inxente de seguidores que non quería perderse nin un segundo da estancia do arxentino.

Os seareiros quéixanse de que pagaron 12.000 rupias (114 euros) e so acertaron a ver dirixentes e actores preto de Messi. De aí o enfado e o que sucedeu a continuación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade