Publicador de contidos

Publicador de contidos

Messi fai historia e convértese no máximo goleador dos Mundiais

Messi fai historia e convértese no máximo goleador dos Mundiais

Con 18 goles, Leo Messi supera a Klose e xa é o máximo goleador histórico desta competición

Un dobrete do capitán deulle a vitoria a Arxentina por 2-0 ante Austria

G24.gal 22/06/2026 21:27

Comezou lanzando fóra un balón desde o punto de penalti, pero nin moito menos baixou os brazos. Leo Messi recuperouse para marcar de novo e darlle a segunda vitoria a Arxentina neste Mundial. Dous goles hoxe que, sumados aos tres do partido contra Arxelia, sitúan a Messi como máximo anotador histórico nos Mundiais. 18 goles cos que supera ao alemán Miroslav Klose (16), que mantiña o récord ata esta edición, e que non dubidou en felicitar ao arxentino. 

Co dobrete de hoxe non só fixo historia, senón que Arxentina gaña 2-0 a Austria, suma 6 puntos e sitúase como líder provisional do grupo J. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade