Publicador de contidos

Publicador de contidos

Leo Messi di adeus á selección arxentina

Leo Messi di adeus á selección arxentina

A final do Mundial que perdeu Arxentina ante España foi o seu epílogo como xogador do combinado albiceleste

Seguirá xogando na MLS co seu club, o Inter de Miami

@EFE @EFE
G24.gal 31/08/2026 18:29

O futbolista arxentino Lionel Messi, de 39 anos, anunciou este luns o seu retiro da selección albiceleste nas súas redes sociais pechando o seu periplo como xogador da selección suramericana:

«Baleireime, xa non teño máis para dar e á parte veñen mozos moi grandes atrás que merecen estar. Despois deste tempo que pasou desde a final, pensándoo moito, quero comunicarlles a todos que me retiro da selección»

 

"Xúrolles que sempre deixei todo, non só os últimos anos que se gañou todo, antes tamén e sempre pelexei e deixei todo por esta camiseta, por darlles alegrías e facer que se sintan orgullosos de ser arxentinos a través do fútbol. Grazas por todo o cariño estes vinte anos"

O astro arxentino retírase tras disputar máis de 200 partidos coa camiseta albiceleste, nos que marcou 125 goles e rexistrou 68 asistencias. Gañou unha Copa do Mundo (Qatar 2022), dúas Copas América e unha finalísima ante Italia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade