Publicador de contidos

Publicador de contidos

García Puig: "Non lle puxen a man enriba a ninguén en Coruxo"

García Puig: "Non lle puxen a man enriba a ninguén en Coruxo"

O adestrador do Ávila asegura que non agrediu, nin tirou a cadeira de rodas do responsable de prensa do Coruxo 

As testemuñas falan dunha presunta patada de García Puig á cadeira de rodas 

G24.gal 13/12/2025 09:54 Última actualización 13/12/2025 11:27

Cinco días despois da lea na sala de prensa do Vao entre o adestrador do Ávila, Marc García Puig, e un responsable de prensa e directivo do Coruxo, o técnico quixo aclarar o sucedido e fixoo nestes termos: "Non puxen a man enriba de ninguén, non agredín a ninguén en Coruxo, non caeu ningunha cadeira de rodas ao chan, nin eu causei nigunha caída".

García Puig realizou estas declaracións na previa do encontro que disputa o Ávila esta xornada e, durante a mesma, quixo tamén agradecer o apoio dos afeccionados: "Agradecer o apoio da afección, será algo do que me vou lembrar toda a vida. A xente de verdade aparece nas malas". O técnico pechou salientando que non podía falar máis "por indicacións do departamento xurídico do Ávila".

Os incidentes sucederon trala disputa do partido entre o Ávila e o Coruxo, na conferencia de prensa. Comezaron como unha discusión entre o adestrador e o responsable de prensa, a seguir viñeron insultos e a situación acabou, segundo testemuñas, cunha suposta patada de Marc García Puig á cadeira de rodas que emprega o responsable de prensa e directivo do Coruxo. O responsable de prensa acabou no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. 

A policía xa iniciou as pesquisas para aclarar que foi o que sucedeu.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos