Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña abre a programación do centenario da actriz galega María Casares

A Coruña abre a programación do centenario da actriz galega María Casares

María Casares foi referente das vangardas artísticas do século XX e naceu na Coruña

A cidade acolle a apertura da programación conmemorativa ata finais de ano

G24.gal 09/02/2022 21:55

Este 2022 é o ano da actriz galega María Casares, referente das vangardas artísticas do século XX. Conmemórase o centenario do seu nacemento cunha programación especial que deu comezo este mércores na súa cidade natal, A Coruña.

Os encargados de conducir esta primeira xornada foron a actriz e codirectora da Casa María Casares de París Johanna Silberstein e o arquitecto Felipe Peña, encargado da rehabilitación da casa familiar Casares Quiroga na Coruña. 

O ciclo prolongarase ata finais de ano con intervencións de personalidades do mundo das artes e a cultura que coñeceron de preto o legado da artista. Tamén haberá producións teatrais, audiovisuais e exposicións. Todo para poñer en valor a figura de María Casares. Unha muller que está considerada en Francia, a onde tivo que exiliarse, como unha das máis grandes actrices de teatro do século XX e que non só atesoura unha estensa e premiada carreira sobre os escenarios, senón que tamén se converteu en referente como muller independente.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos