A ONU adopta un mapa do mundo cunha visión máis real das superficies dos países e continentes
O cambio era unha vella petición dos países do continente africano
O vello modelo distorsionaba a realidade ao transformar unha superficie esférica en plana
A representación da Terra nos mapas segue xerando debate en pleno 2026. A asemblea da ONU aprobou a recomendación de cambiar o modelo visiual Mercator, do xéculo XVI, polo modelo Equal Erth, que conserva intacto do tamaño relativo das áreas.
O mundo xa non vai ser como o estudamos nos mapas. Dende o século XVI estaba vixente a proxección do xeógrafo Mercator, que transformaba en liña rectas un planeta esférico. Algo revolucionario que cambiou e facilitou a navegación. Pero esta visión distorsiona o tamaño das masas da Terra segundo se afastan do Ecuador engrandecendo os países do hemisferio norte.
Durante cinco séculos África e Groenlandia parecían ter un tamaño similar, cando un é 14 veces maior que o outro. Os países africanos levaban anos solicitando acabar co que chamaban colionalismo cartográfico.
"Ten un significado simbólico moi importante. É un gran cambio conseguir poñer a África no seu lugar correcto no mundo", di o ministro de Exteriores de Togo.
O novo mapa corrixe a sobredimensión de Asia ou do Canadá e os Estados Unidos, cunha versión máis fideligna das proporcións reais.
Na asemblea da ONU todos votaron a favor excepto os Estados Unidos.