Cargando resultados...
A Coruña baila ao ritmo do Entroido nun desfile con participación histórica
Máis de 1.200 persoas animaron as rúas do centro coas carrozas e comparsas
G24.gal
18/02/2023 20:56
Última actualización 18/02/2023 21:18
Un dos momentos máis agardados do Entroido coruñés é o desfile de carrozas e comparsas, que sempre acaba con festa rachada na praza de María Pita. Nunca houbo tanta participación coma este ano.
Máis de 1.200 persoas animaron as rúas do centro da Coruña buscando sobre todo divertirse, pero tamén gañar algún dos premios do concurso que valora a orixinalidade dos disfraces, as coreografías e as carrozas.
O concerto do grupo catalán Sidonie pechou o sábado de troula en honor de don Carnal.