Publicador de contidos

Publicador de contidos

O corte da estrada de Folgoso do Courel a Quiroga obriga a dar rodeos por pistas

O corte da estrada de Folgoso do Courel a Quiroga obriga a dar rodeos por pistas

As vías alternativas son moi estreitas e supoñen duplicar a distancia para chegar á capital

Calculan que a reparación do derrube podería prolongarse ano e medio

G24.gal 27/03/2022 11:31

Santa Eufemia está a só dos quilómetros de onde a vía que vai a Folgoso do Courel se derrubou hai xa unha semana. A cantina é o lugar de encontro, non só de veciños, tamén de visitantes pero estes cada vez escasean máis.

Os pouco máis de catro quilómetros que antes había de estrada ata Folgoso agora hai que facelos a través dunha ruta de montaña, moi angosta e con curvas. Dobre de tempo e case o triple de quilómetros. 

É un dos viais que teñen estes veciños para se comunicar coa capital do Courel. O Concello dispuxo varias estradas alternativas co fin de manter o acceso desde calquera localidade da serra courelá, pero o certo é que todas inclúen rodeos considerables por pistas de montaña. 

A renovación da estrada caída, segundo as primeiras estimacións, podería prolongarse arredor de ano e medio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade