Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta asegura que a limitación do prezo dos alugueiros é contraproducente

A Xunta asegura que a limitación do prezo dos alugueiros é contraproducente

Ánxeles Vázquez cualifica de oportunista a medida anunciada polo Goberno e cre que xerará inseguridade xurídica 

G24.gal 29/03/2022 09:04

De ineficaz e oportunista cualifica a conselleira de Vivenda a medida do Goberno que establecerá unha suba máxima dun 2 por cento do prezo dos alugueiros durante os meses de abril, maio e xuño. Segundo Ánxeles Vázquez, estamos ante unha medida discriminatoria que apenas terá efectividade.

"Non vai ter efectividade porque está moi limitada no tempo; é oportunista e ineficaz porque é lineal, non fai unha valoración da situación que atravesa o propietario e o inquilino, e ademais é totalmente discriminatoria. Que ocorre cos alugueiros anteriores e posteriores?".

A xuízo da conselleira de Vivenda esta medida chega tarde. Ao seu xuízo, será contraproducente e xerará inseguridade xurídica entre os propietarios.

"Os efectos serán contraproducentes porque o que facemos é cargar a responsabilidade sobre o propietario do inmoble; vaise desvirtuar o mercado da vivenda creando inseguridade xurídica e provocará un descenso da oferta de alugueiro".

A conselleira da Vivenda afirma que descoñecen a letra pequena do plan, di que souberon del pola prensa e lamenta que non os informasen do mesmo en ningunha conferencia sectorial.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade