Cargando resultados...
A confraría das Angustias procesiona a Caridade e o Silencio en Ferrol
Vinte e tres procesións conforman o programa de actos da Semana Santa ferrolá
G24.gal
16/04/2022 22:25
A procesión da Caridade e o Silencio é a única que sae este Sábado Santo en Ferrol.
Está organizada pola Confraría das Angustias, que durante todo o día recolleu donativos para o Refuxio Pardo de Atín. O desfile partiu pasadas as oito da tarde desde o santuario das Angustias, despois de que os confrades realizaran o tradicional voto de silencio.
23 procesións conforman o programa de actos desta agardada Semana Santa ferrolá, que culminará o domingo co Gozoso Encontro e a procesión da Resurrección.