Publicador de contidos

Publicador de contidos

A concesionaria da AP-9 pecha o semestre con 45,9 millóns de beneficio, un 3,1 % máis

A concesionaria da AP-9 pecha o semestre con 45,9 millóns de beneficio, un 3,1 % máis

Audasa cifra o uso da autoestrada en 26.833 vehículos diarios, o que supón un 3,15 % máis

G24.gal 29/07/2026 10:53

A concesionaria da autoestrada AP-9, Audasa, pechou o primeiro semestre de 2026 con 45,9 millóns de euros de beneficio neto, o que supón un 3,1 % máis ca hai un ano, segundo trasladou a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores e nun comunicado.

Audasa rexistrou un crecemento continuado no uso da infraestrutura ata alcanzar os 61 millóns de viaxes cunha intensidade media diaria (IMD) de 26.833 vehículos, o que supón un 3,15 % máis.

A evolución do tránsito de vehículos pola autoestrada que vertebra Galicia de norte a sur traduciuse nun volume de negocio de 108 millóns de euros (+0,86 %) e un beneficio neto de 45,9 millóns de euros (+3,1 %).

O 81 % dos condutores fixo uso da telepeaxe (Vía-T) e os usuarios aforraron máis de 43,8 millóns de euros a través das bonificacións públicas (31,7 millóns), o desconto comercial propio do 25 % aplicado pola empresa (5,5 millóns) e as peaxes en sombra (6 millóns).

A empresa mantén un contencioso coa Administración Xeral do Estado tras interpoñer un recurso ante o Tribunal Supremo para reclamar a cobranza do 50 % das peaxes en sombra das anualidades 2020 a 2024 máis intereses.

Redución dos accidentes por irrupción de xabarís

A concesionaria informou dunha redución do 60 % os accidentes con danos privados por irrupción de xabaríns despois de implementar barreiras intelixentes e sistemas de cámaras en ligazóns crave como A Barcala ou Santa Marta, na Coruña.

Ademais, impulsou a transición ecolóxica mediante a posta en marcha dos seus primeiros 16 puntos de carga ultrarrápida para vehículos eléctricos dun total de 74 previstos no corredor da AP-9. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos