Publicador de contidos

Publicador de contidos

A comunidade ucraína afincada en Cariño rexuvenece a vila

A comunidade ucraína afincada en Cariño rexuvenece a vila

Dende o inicio da guerra, varios concellos de Galicia acolleron refuxiados que fuxían do conflito

G24.gal 03/07/2022 21:19 Última actualización 03/07/2022 21:59

Olga saíu da cidade ucraína de Odesa para escapar da invasión rusa. Dende hai uns meses traballa como axudante de cociña neste restaurante en Cariño, onde tamén atoparon emprego  dúas compatriotas súas.

O idioma  parece que tampouco vai ser un problema maior, segundo explica o persoal do establecemento.

"Patacas para o caldo, patacas para frixir, patacas para tal, entende todo".

"Empezamos co móbil, traducindo, e a verdade é que están aprendendo moi rápido e ímonos entendendo cada día mellor".

"Odesa é o seu fogar, estraña, claro que estraña, pero tenme a min aquí todo día e está moi contenta".

Coma elas, preto de cen cidadáns ucraínos encontraron nesta vila coruñesa o seu porto refuxio. 

"O principio foi duro pero realmente o pobo de Cariño, xunto con Cáritas, intentou axudarnos no que se pode para integrarnos e a verdade é que a día de hoxe sentímonos coma na nosa segunda casa".

Daniel e a súa familia chegaron a Cariño hai cinco anos. Buscaban abrir mercado  para a súa empresa informática e instalaron aquí unha oficina na que traballan agora 25 ucraínos máis. Manteñen a sede principal no seu país, pero din que tras a guerra o futuro continúa en Galicia.

"Moitos queren quedar ou que queden os fillos para poder estudar porque aquí é máis seguro, máis tranquilo todo".

Cunha poboación por baixo dos 4.000 habitantes e moi avellentada, o concello de Cariño atopa na nova veciñanza unha oportunidade para rexuvenecer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar