Publicador de contidos

A comunidade dun edificio de Vite pedirá amparo á Valedora do Pobo polas ameazas dun veciño

A comunidade dun edificio de Vite pedirá amparo á Valedora do Pobo polas ameazas dun veciño

Preparan un escrito de súplica tras presentar dúas denuncias

G24.gal 06/11/2021 19:09

A comunidade de propietarios dun edificio do barrio de Vite, en Santiago de Compostela, denunciou conxuntamente un veciño alegando ameazas directas, varias agresión e insultos continuados.  

Segundo a súa versión, failles a vida imposible a diario con insultos e ameazas. Hai xa dúas denuncias de agresión consideradas a trámite que xa están á espera de xuízo. 

Aseguran ter medo de atoparse co denunciado dentro do edificio e que nalgunha hora poida materializar as súas ameazas

Á espera da celebración de varios xuízos, a defensa desta comunidade de veciños prepara un escrito conxunto pedindo amparo á Valedora do Pobo.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade