Publicador de contidos

Publicador de contidos

A compañía Sarabela Teatro triunfa en Madrid con "El dragón de oro"

A compañía Sarabela Teatro triunfa en Madrid con "El dragón de oro"

Dende o día 11 de setembro e ata o 28 programaron 16 representacións no Teatro de la Abadía

G24.gal 27/09/2025 17:45 Última actualización 27/09/2025 18:46

A compañía Sarabela Teatro volve triunfar, desta volta en Madrid, co espectáculo El dragón de oro. Foron un total de 16 funcións dunha obra que xa acadara o recoñecemento de público e crítica en Galicia.

Unha traxicomedia contemporánea cun ritmo narrativo próximo ao cinema que reflexiona sobra a deshumanización dos emigrantes ilegais no chamado primeiro mundo.

A xira conta co patrocinio da Xunta e incluíu unha función especial en que se representou a peza en galego, tal como fora pensada ao inicio do proxecto. Sarabela adaptou o texto orixinal de Roland Schimmelpfennig, o autor alemán vivo máis representado no ámbito internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade