Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Comisión Europea prohibe TikTok nos seus móbiles de traballo

A Comisión Europea prohibe TikTok nos seus móbiles de traballo

O bloqueo responde á ameaza que a aplicación supón para a ciberseguridade

G24.gal 23/02/2023 21:13 Última actualización 23/02/2023 21:48

A Comisión Europea bloquea TikTok en todos os seus móbiles e dispositivos electrónicos. Nunha súbita decisión, Bruxelas prohibe a rede social para os seus traballadores ante a ameaza que supón para a ciberseguridade. De fondo, as acusacións de que a espionaxe da China está detrás de TikTok. 

A Comisión xustifica o peche como unha decisión corporativa que só afecta os móbiles de traballo. Pero o certo é que Bruxelas reforza as acusacións de que a espionaxe chinesa está infiltrada en TikTok. E ten acceso aos datos dos usuarios, tamén os dos cidadáns europeos, que non estarían protexidos.

A Comisión esixe aos seus funcionarios que desinstalen TikTok dos teléfonos e dispositivos electrónicos de traballo antes do 15 de marzo. Faino para reforzar a súa ciberseguridade porque, segundo Bruxelas, a famosa rede social pode aproveitarse para ataques informáticos.

Os Estados Unidos xa tomaron unha medida semellante para os seus funcionarios públicos, pero aínda non o fixo ningún país da UE. Agora, con este peche nos móbiles da Comisión, podería haber réplicas contra TikTok en todo o vello continente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade