Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chuvia vai chegando á cidade de Ourense

A chuvia vai chegando á cidade de Ourense

Tras meses de seca, a auga é ben recibida polos veciños, aínda que non sexa suficiente

G24.gal 14/09/2022 14:22

Había tempo que os paraugas non traballaban tanto en Ourense. E iso que hai quen se resiste a levalo: "Cubrinme un pouco para non empaparme, pero a cabeza tanto me ten", di un mozo que circula sen paraugas pola rúa do Paseo.

A chuvia vén por refachos. Ao longo da mañá recolléronse máis de oito litros por metro cadrado. Non é moito, pero supón toda unha novidade.

"A min resúltame incomodísima, pero bendigo o momento en que chegou e espero que dure moito", celebra unha veciña.
 

Coas reservas hídricas ao 46 % na conca Miño-Sil, a chuvia é ben recibida polos ourensáns malia as incomodidades que supón. Pero poucas horas de auga quedan. Con vistas á fin de semana, asoma de novo o anticiclón.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade