Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chuvia obriga a celebrar o Santo Encontro de Viveiro no interior da igrexa de San Francisco

A chuvia obriga a celebrar o Santo Encontro de Viveiro no interior da igrexa de San Francisco

Aínda que o espazo era máis limitado, isto non restou emoción a unha das procesións máis seguidas na cidade

É única polas súas imaxes, todas articuladas, con movemento que lle dan realismo a representación

G24.gal 18/04/2025 14:59

O son das trompetas marca o inicio do santo encontro de Viveiro. Esta vez no interior da igrexa a salvo da chuvia.

"Inténtase conservar o patrimonio e intentase que saia dunha maneira ou doutra, porque é moi frustrante que despois de estar todo o ano traballando non poidas saír", di unha muller.

Está e unha das procesións mais queridas e seguidas polos viveirenses.

"Son portador desde os 13 anos, agora tamén a miña filla, isto pásase de xeración en xeración"; di un home, e outro asegura: "Esta procesión é a esencia da Semana Santa de Viveiro, é un orgullo participar no Santo Encontro".

A súa singularidade está nas súas imaxes, todas articuladas.

"Non é o máis sinxelo de levar, porque están en continuo movemento", explica Jesús, que é portador.

O momento mais especial e o encontro de María con Xesús, cargado de realismo.

"A Semana Santa de Viveiro é vela pero é vivila, esta procesión é de vivila, aquí non hai grandes tronos nin flores, hai sentimento", comenta un portador.

Os brazos da dolorosa son os de Ché, e seguindo os seus pasos vén o seu neto Hugo.

"Gústame aprender cousas novas da Semana Santa"; di Hugo, o seu avó confirma: "Empecei de moi novo, é un sentimento".

Un sentimento que fai q pareza q as imaxes cobran vida.

"Como cae o Cristo, como se move, é preciosa", di unha muller, w outra engade: "Merece a pena vir vela".

Viveiro vive hoxe o día grande da súa Semana Santa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade