Publicador de contidos

Publicador de contidos

A China e os Estados Unidos, fóra do acordo para non construír térmicas de carbón

A China e os Estados Unidos, fóra do acordo para non construír térmicas de carbón

23 países máis súmanse ao acordo no cumio de Glasgow

Antón Montero 04/11/2021 20:06

Na quinta xornada do cumio do clima de Glasgow, 23 países máis asinan un acordo para non construír novas centrais térmicas de carbón.

Con eles, son xa máis de 40 os estados que xa asumiron este compromiso, aínda que entre eles seguen sen estar China, os Estados Unidos ou a India, os tres maiores contaminantes do planeta.

Tamén se subscribiu outro acordo para abandonar o uso deste combustible fósil antes de 2040, unha lista que engloba xa a 165 estados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade