A chegada de Pinchi deixa sen ficha no Rácing de Ferrol a Fernando Pumar
O lateral Sergio Cubero, cedido polo Éibar, quere reinvidicarse
A incorporación ao Rácing de Ferrol do dianteiro Óscar García Quintela 'Pinchi', anunciada este xoves, deixa sen ficha a Fernando Pumar, que o vindeiro luns comparecerá ante os medios de comunicación, segundo comunicou este venres o club.
A rolda de prensa terá lugar ás 12:30 horas no estadio da Malata e o ourensán, con contrato en vigor ata xuño, estará acompañado polo director xeral da entidade, Carlos Mouriz.
O lateral, lesionado de longa duración a pasada tempada por unha rotura do ligamento cruzado e do menisco, adestrou con normalidade este venres, xa que o seu vínculo coa escuadra verde non foi rescindido.
Pumar reincorporouse ás filas do Rácing de Ferrol no verán de 2020, aínda que xa militou no equipo da Malata entre os anos 2010 e 2014, e a súa ficha será ocupada por Pinchi, cedido ata final de tempada polo Rizespor, da máxima categoría do fútbol turco, sobre o que hai unha opción de compra.
Mentres, o lateral Sergio Cubero, cedido polo Éibar, quere reinvindicarse a dúas bandas.
"Que en Eibar digan que non tiña que estar cedido".
"E que en Ferrol digan que non hai que sentarme".
O Rácing recibe o Éibar o domingo ás 14:00 horas.