Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arnau Comas albisca un "proxecto moi, moi ambicioso"

Arnau Comas albisca un "proxecto moi, moi ambicioso"

De Antonio Hidalgo, o defensor deportivista resalta que "tácticamente está moi ben traballado"

Foto Deportivo
G24.gal 18/07/2025 10:53 Última actualización 18/07/2025 15:37

Arnau Comas asegurou elixir o Dépor porque "é un proxecto moi, moi ambicioso, que nos últimos tempos están a facer as cousas moi ben. E logo porque é un club histórico, moi grande, que representa a moita xente, e con moita ambición de mellorar e de ir para arriba".

Despois duns primeiros días de traballo co resto dos seus compañeiros, o central deportivista afirma estar "moi ben. Antes de vir preguntei e todo o mundo faloume moi ben do vestiario, do club e da cidade. Levo unha semana e estou encantado. Hai moi boa xente, moi bos compañeiros. Logo hai unha boa mestura de xogadores novos e xogadores con máis experiencia. A verdade é que ten boa pinta".

Arnau espera "moito" de Riazor.

"Vin moitos partidos, é un campo moi mítico, todo o mundo coñéceo. Espero que todo o mundo veña ao estadio, que o enchan. Sempre hai un ambiente da hostia"

De Antonio Hidalgo, o defensor deportivista resalta que "tácticamente está moi ben traballado. É un adestrador moi serio, mete moita caña. É importante para todos para dar ese plus, a nivel individual para mellorar e a nivel grupal para ir para arriba".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade