A chegada da alta velocidade a Galicia segue sendo unha incógnita
A chegada da alta velocidade a Galicia segue sendo unha incógnita
Talgo confirmou que comezará a entregar os trens Avril no mes de novembro, pero di que a posta en servizo será gradual
Empresarios e sector turístico lamentan a demora da chegada da alta velocidade a toda Galicia
Os problemas de fabricación e homologación impediron cumprir cos prazos, e no 2021 a alta velocidade tan só chegou ata Ourense. Dous anos despois xa coñecemos a data para a chegada dos trens Avril, imprescindibles para completar o traxecto entre Galicia e Madrid.
Talgo confirma a entrega das primeiras unidades en outono, pero aínda non hai data para cando comezarán a operar na liña de alta velocidade para Galicia. O Goberno galego pide explicacións.
O que si se confirma é que este verán a comunidade seguirá sen estar conectada á alta velocidade, o sector turístico lamenta a demora.
Para os empresarios é unha vella reclamación e denuncian a perda de compatitividade para o tecido industrial galego.
A entrega gradual responde á supervisión da cada unha das unidades antes de iniciar a súa circulación comercial unha vez que se efectúe a entrega.