Publicador de contidos

Publicador de contidos

A cativa de 11 anos que morreu no hospital de Ourense non tiña meninxite

A cativa de 11 anos que morreu no hospital de Ourense non tiña meninxite

 As análises feitas no centro descartaron a presenza de meningococo 

Imaxe de aqruivo do CHUO (TVG) Imaxe de aqruivo do CHUO (TVG)
G24.gal 07/05/2026 19:04

Finalmente descartouse a presenza de meningococo nas mostras clínicas da nena falecida no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense o pasado día 30 de abril.

A nena tiña 11 anos e era natural de Toén. Nun principio pensouse que podería ter unha infección meningocócica.

 Ante este posible caso de meninxite, o Sergas activou o protocolo da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. De tal forma identificáronse 104 contactos estreitos no seu ámbito educativo e social durante os últimos 10 días.

Indicaban ademais que serían citados para recibir a medicación de prevención recomendada para estes casos. O departamento sanitario lembra agora que as medidas preventivas adoptadas foron as recomendadas polos protocolos de actuación nestes casos.

A Consellería de Sanidade decidiu ampliar as pautas de vacinación fronte a esta patoloxía, de tal forma que "desde este mesmo mes de maio será a primeira comunidade en administrar aos nenos de 12 anos a protección fronte á forma máis frecuente de meninxite".

Deste xeito, "todos os nenos que acudan ao centro de saúde á revisión dos doce anos recibirán xa a nova dose fronte ao meningococo B", unha vacina que estaba contemplada no calendario de inmunización aos dous e catro meses, xunto á dose de recordo ao cumprir un ano. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade